viernes, 23 de noviembre de 2018

Método Snappet: aprendemos dende a tablet!

Este curso, nas aulas de 4º e 5º traballaremos co Método Snappet as materias de matemáticas, inglés, lengua e lingua. Estamos moi emocionados!

Queres saber de que trata o método Snappet? Segue lendo!

O Método Snappet permítenos aprender con tablets por medio dunha plataforma compartida entre alumnos e mestre, así que agora poderemos repasar dende casa os contidos estudados no cole. Ademais, adáptase aos diferentes ritmos e estilos de aprendizaxe, ofrecendo unha ensinanza personalizada a cada estudante.

Cada alumno ten unha tablet, onde pode ver o explicado en clase e realizar exercicios para afianzar. O profesor decide os contidos e exercicios que poden e facer ver os seus alumnos e alumnas, polo que esta metodoloxía facilita o seguimento do traballo de cada un deles. Cando acaba a clase, todo o que temos que facer é gardar as tablets e deixalas cargando para o día seguinte.

 Polo momento a experiencia está sendo moi positiva!

Gústanos moito traballar coas tablets en clase! Bota unha ollada!






3 comentarios:

A fresh new start: Next & Kubo

Welcome everyone to a new achademic course! We are happy to inaugurate this school year 2022/2023 on the blog by showing you our new digital...